Thursday 25 de April de 2024

O concello pon a disposición dos clubs a sala multiusos do Pavillón Torres Colomer


Dende a Concellería de Deportes do Concello de Riveira se está enviando comunicacións aos distintos clubs deportivos do municipio para lembrarlles que o recentemente inaugurado Centro Multiusos Alcalde Torres Colomer, en Palmeira, conta entre as súas instalacións cunha sala multiusos, equipada para poder impartir cursos, celebrar reunións técnicas ou da xunta directiva, ou calquera outra actividade que se estime oportuna.

Calquera entidade deportiva interesada en reservas esta sala pode poñerse en contacto coa Oficina Municipal de Deportes (teléfono 981 873 646 ou correo electrónico deportes@riveira.com).